A RúaConcellosÚltima hora

Os maiores do Centro de Día, entre os protagonistas do 25N na Rúa

 

“Pensar que son menos ca ti”, “que te controlen”, “facerte de menos”, “maltrato psicolóxico”,… Son algunhas das mensaxes que os veciños da Rúa escribían esta mañá no panel situado na praza do Concello, expresando o que consideran que conforma a violencia de xénero, como unha das actividades que conforman o programa deste ano do Concello da Rúa para conmemorar o 25N, o Día contra a Violencia de Xénero. Unha actividade que incluía a exposición dun cómic elaborado polo usuarios do Centro de Día da Rúa en conmemoración deste día e a concentración diante do Concello coa lectura do manifesto.

Ademais, pola tarde (19 horas), a Biblioteca Municipal acollerá o contacontos A Cabaleira: teatro para a igualdade, de Medievándalos, para fomento da igualdade entre os cativos, explorando os estereotipos a través do teatro e a música.

 

O cómic contra a violencia de xénero feito polos usuatios do Centro de Día da Rúa.

 

Fotos cedidas.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button