ConcellosÚltima hora

Os Maios en Verín

A Alameda desta localidade ourensá convertíase o 1 de maio en escenario desta festa da primavera

Verín é unha das localidades da provincia de Ourense nas que se segue a celebrar a Festa dos Maios. Dende as once da mañá do día 1 de maio estas esculturas, algunhas con feitura artística e outras tradicionais, comezaban a tomar súa Alameda. Desta volta presentaban maio neste certame o CPR Plurilingüe María Inmaculada, o CEIP Princesa de España e o CEIP Amaro Refojo, ademais doutras asociacións.

Ao mediodía saía da praza do Concello a Banda de Gaitas do Concello de Verín para dar un pasarrúas que remataba na Alameda. Tamén se recitaban as coplas e había xogos tradicionais nesta xornada, na que tampouco faltaba o tradicional posto de polbo.

A Festa dos Maios recuperouna en Verín Enrique Goméz Pato a comezos da década dos cincuenta. Despois “a Asociación Cultural Os Choupos e o Movimiento Junior, foron os continuadores desta exaltación da primavera en esculturas efémeras e de crítica social dos acontecementos locais ou externos en verso rimado. No segundo goberno municipal democrático, no primeiro quinquenio dos oitenta, a festa viuse reforzada, con subvencións a maios e coplas feitos por asociacións, colexios e institutos; aliciente gastronómico e actividades paralelas”, segundo indica o Concello de Verín.

Singular maio que fai referencia ao Pequeno Nicolás./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Singular maio que fai referencia ao Pequeno Nicolás./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio do CPR Plurilingüe María Inmaculada./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio do CPR Plurilingüe María Inmaculada./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio do CIP Princesa de España./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio do CIP Princesa de España./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio do CIP Amaro Refojo./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio do CIP Amaro Refojo./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio da Asociación Verinense  de Amigos da Música./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio da Asociación Verinense de Amigos da Música./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio da Asociación Alto Támega./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Maio da Asociación Alto Támega./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Ima xe da carpa para a degustación gastronómica./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Ima xe da carpa para a degustación gastronómica./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Autoridades no acto de entrega dos premios da Chave./ Foto: José Rodríguez Cruz.
Autoridades no acto de entrega dos premios da Chave./ Foto: José Rodríguez Cruz.

Artigos relacionados

Back to top button