En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os Maios toman a vila do Barco

Rozando o mediodía saía dende as proximidades do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco, unha singular comitiva. Precedidos pola música do grupo tradicional Castro Floxo unha decena de Maios (algúns enxebres e outros tradicionais) percorrían o centro da vila do Barco ata chegar á praza do Príncipe, onde estarán expostos ao longo de toda esta xornada do 1 de maio.

Nesta praza tamén pode visitarse unha mostra cunha trintena de postos de produtos gastronómicos, pero tamén de artesanía e outro tipo de artigos. Ao longo da mañá os visitantes podían tamén emitir o seu “voto aberto” ao Maio que máis lles gustase.

A partires das doce e media actuaba o grupo Castro Floxo e, de seguido dábase paso ao recitado de coplas tradicionais, que se prolongaba ata ás dúas e cuarto. Pola tarde continuarán as actividades ás 17:30h. coa actuación do Mago Albert e ás 19:30h. procederase á entrega de premios aos Maios e coplas concursantes nesta edición.

Esta celebración está organizada polo Concello do Barco en colaboración co Barco CCA.

 

Fotos: A.R., agás as 6 últimas que son de Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button