DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os máis pequenos abrían unha multitudinaria Carreira do Turrón no Barco

Rozando as oito da tarde comezaba a 9ª Carreira do Turrón do Barco coa participación dos máis pequeniños, ataviados para a ocasión con diferentes disfraces relativos ao Nadal. O seu circuíto saía da praza Andrés de Prada e discurría polo Malecón. Coa súa proba comezaba unha multitudinaria edición desta proba que organiza o Concello do Barco.

Tras completar o traxecto, cuxa meta estaba tamén en Andrés de Prada, os nenos recibían agasallos da organización e, unha vez concluída a carreira dos maiores tamén participaban na chocolatada servida pola organización.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button