EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Os máis pequenos crean agasallos para as súas nais nun obradoiro do Barco CCA

Esta actividade lúdica e de manualidades impartíase no mediodía do 5 de maio na praza do Concello

Entre abelorios, coiro, lapis ou pegamento. Numerosos nenos e nenas xuntábanse arredor dunha mesa de manualidades na praza do Concello do Barco no mediodía do 5 de maio no marco do obradoiro “Elabora o teu agasallo para mamá”. Estaba promovido polo Centro Comercial Aberto (CCA) e impartíasese a través de Asfaval.

Ademais de fermosas e orixinais pulseiras, os rapaces elaboraban o envoltorio para gardalas, entre outros elementos. Moitos deles estaban tamén acompañados polos seus pais. Esta orixinal iniciativa formaba parte da campaña do Día da Nai do Barco CCA. Para poder participar os rapaces tiñan que entregar tíckets de compra realizadas nos establecementos asociados a esta entidade entre os días 30 de abril e 5 de maio.

Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button