CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os malabares do “Joker Guti” na Festa de Medo na Biblioteca do Barco

A actividade infantil tiña lugara na tarde do 30 de outubro, un día antes do Samaín

Pantasmas, bruxas, esqueletes, zombies, noivas cadáver… De terroríficos personaxes se enchía a Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras, na tarde do 30 de outubro. O motivo, participar na Festa de Medo organizada pola Concelllería de Cultura con motivo da celebración do Samaín.

Ademais de músic, baile de disfraces, e contacontos, a festa incluía unha doce merenda, xogos e unha actuación moi especial: disfrazado de Joker, o barquense Agustín González, artisticamente coñecido como Guti, ofrecía aos pequenos espectadores un animado e divertido espectáculo de malabares.

 

O “Joker Guti” durante a actuación.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button