CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os “Malos tempos” do grupo Aneis, nas VIII Xornadas de Teatro da Rúa

O grupo de Xinzo de Limia subía ao escenario do Centro Cultural Avenida na tarde do 27 de maio

Máis de 60 persoas forman a escola de teatro que a agrupación Aneis ten en Xinzo de Limia. Dende cativos ata xente maior. E case unha vintena delas achegábanse na tarde do 27 de maio ata A Rúa para subirse por segundo ano consecutivo ao escenario do Centro Cultural Avenida e participar nas Xornadas de Teatro organizadas por A Ruada.

Coa comedia “Malos tempos”, que conta a historia dunha familia rica vida a menos que pretende seguir mantendo as apariencias, os limiaos arrancaron risas e aplausos dos asistentes.

As xornadas continúan no mes de xuño, pero tal como adiantaron dende a organización, a representación do vindeiro sábado a cargo de Candea de Viana tivo que ser suspendida por problemas de saúde do protagonista da obra que tiñan pensado traer á Rúa, “Almas sinxelas”. Así pois, non haberá función ata o 10 de xuño cando PRODEME de Monforte baixará o pano desta edición coa obra “Diñeiro B”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button