DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os marchadores do Adas colleitan unha prata e tres bronces no galego de pista

Esta competición celebrábase o 24 de novembro en Narón cunha notable actuación valdeorresa e vianesa

Con moi bo pé comezan os atletas de marcha do Club Adas do Barco a tempada de pista. No campionato galego desta disciplina, celebrado o 24 de novembro en Narón, sumaba tres metais nunha “xornada con chuvia persistente” e na que “puideron ser catro grazas ao bo facer dos nosos atletas”, indican dende o club valdeorrés.

A primeira das medallas en chegar viña da man de Mauro García que quedaba terceiro nos 2 km alevín, quen ademais recibía o trofeo que “o acreditaba como subcampeón do circuíto de marcha 2018 na categoría alevín”, matiza o Adas.

Terceira era tamén en infantil María Martín nos 2 km marcha. En categoría júnior acadábanse outras dúas medallas: o bronce de Elio Buelta en 5 km e a prata de Celia Carracedo nesta mesma distancia.

 

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button