CulturaCulturaEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Os Mazcaraos volven percorrer Pombriego

 

Tras décadas esquecido, o Entroido tradicional de Pombriego (León), moi preto de Valdeorras, volve revivir. Hai tres anos a Asociación Aires del Cabrera co apoio dos veciños lograban recuperalo e o Domingo de Entroido, 23 de febreiro, esta localidade enchíase de Mazcaraos (tanto os guapos como os feos) e de xente para celebrar esta tradición.

Ademais dos veciños, chegaban a Pombriego varias excursións, chegando a xuntarse máis de 200 persoas. Non faltaban a música tradicional, os bailes, a fariña, de feito chegaron a gastarse máis de 40 quilos, nin tampouco, xa ao rematar os doces como os roscós e o chocolate. Foi un día moi especial e feliz para esta pequena localidade leonesa.

Fotos cedidas pola Asociación Aires del Cabrera.

Artigos relacionados

Back to top button
Close