SanidadeÚltima hora

Os médicos ourensáns conmemoran o Día contra as agresións a sanitarios

Lectura do manifesto desta data e presentación de estatísticas no Colexio de Médicos de Ourense

contragresion

“Ante as agresións ao persoal sanitario, tolerancia cero”. É o lema co que neste ano a Organización Médica Colexial conmemora o Día Nacional contra as agresións a profesionais sanitarios, unha data coa que se lembra a morte no 2009, dunha médico de familia en Moratalla (Murcia).

O Colexio de Médicos de Ourense convocaba na mañá do 16 de marzo unha rolda de prensa na súa sede na que informaba dos datos das denuncias rexistradas nos colexios médicos a nivel estatal, galego e local, “volvendo a reclamar ás autoridades sanitarias a máxima proteción e a consideración das agresións a sanitarios como delicto contra a autoridade, tanto se se producen no ámbito público como no privado”.

Ademais dábase lectura a un manifesto no que se pedía, entre outras cuestións, que “se reforcen as medidas preventivas para protexer aos profesionais e, con eles, ao conxunto do sistema sanitario, cun tratamento multidisciplinar do problema”.

Artigos relacionados

Back to top button