En portada

Os mellores caldos da XVII Feira do Viño de Valdeorras

Os premios da cata oficial do certame entregábanse na tarde-noite do 12 de xullo do recinto feiral
Os premiados no acto de entrega dos galardóns da XVII Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Ángeles Rodríguez
Os premiados no acto de entrega dos galardóns da XVII Feira do Viño de Valdeorras./ Foto: Ángeles Rodríguez

Coa entrega da mención especial “Viños doutras Añadas” comezaba o acto de entrega de galardóns aos viños que participaron na cata oficial da Feira do Viño de Valdeorras. Esta distinción correspondíalle ao Ventura Garnacha’11 de Adega da Pinguela.

No capítulo de brancos o mellor viño desta edición foi o de Adegas Godeval, o segundo premio correspondeulle ao godello de A Coroa, mentres que o terceiro recaía en Quinta da Peza.

En canto aos tintos, o viño mellor puntuado foi o de Alán de Val, da adega do mesmo nome, en segundo lugar quedaba o José Aristegui e en terceiro lugar o Memoria de Ventura de Adega da Pinguela.

No acto de entrega estivo presente o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Xosé Luis García Pando, ademais do concelleiro de Cultura do Barco, Eduardo Ojea, o director de cine valdeorrés Ignacio Vilar, e o actor Morris.

O programa da XVII Feira do Viño de Valdeorras proseguirá na mañá do 13 de xullo co programa de RNE que se emite en directo dende o Teatro Lauro Olmo.

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button