EconomíaViticultura

Os mellores caldos galegos

Entrega de Premios da XXV Cata dos Viños de Galicia
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A extraordinaria diversidade de viños, augardentes e licores de Galicia é un “fiel reflexo da idiosincrasia da nosa terra”. Así o aseguraba o presidente da Xunta, Alberto Núñez, na entrega de premios da XXV Cata dos Viños de Galicia, celebrada o 2 de xullo en Santiago. Nela o San Mamed (da adega Rosa María Pumar) da D.O. Ribeira Sacra recibía o premio ao mellor viño tinto de Galicia, mentres que o mellor branco era para un Rías Baias, o Señorío de Rubiós.

Por denominacións, en Valdeorras o acio de ouro recaía no godello A Coroa, o de prata no Ruchel mencía (de Bodegas Ruchel) e o de bronce en D’Berna (da adega Guitián y Blanco), ademais levaban diploma o mencía de Joaquín Rebolledo, o Godeval godello e o Viña de Fornos godello de Germán Rodríguez Salgado.

No Ribeiro o acio de ouro foi para Pazo Lodeiro (Julio Vázquez Quintela), o de prata para Casal de Paula (Emilio Docampo), e o de bronce para Pazo do Mar Expresión. O mellor branco de colleiteiro conseguíao Val de Souto e o mellor tinto Alter, ambos do Ribeiro. No que se refire á D.O. Monterrei, Quinta do Buble godello facíase co acio de ouro, Ladairo godello co de prata e o de bronce conseguíao Gargalo Treixadura.E xa na Ribeira Sacra o Viña Vella mencía levaba o acio de ouro, Sollío o de prata e Adega Vella mencía o de bronce.

Texto: O Sil/Redacción Ourense Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button