OurenseÚltima hora

Os menores de 21 anos da provincia de Ourense poderán solicitar a tarxeta Xente Nova dende o 10 de xuño

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o director do Igape, Juan Manuel Cividanes, mantivo unha reunión cos responsables das federacións de transporte de pasaxeiros por estrada

Publicidade

 

A Xunta aborda co sector do transporte público metropolitano, a posta en marcha de forma inmediata da tarxeta Xente Nova na provincia de Ourense e na área de Pontevedra.

Estaba prevista para mediados de marzo pero tivo que adiarse pola declaración do estado de alarma. Así, os menores de 21 anos poderán solicitar desde o 10 de xuño este dispositivo que lles permitirá “realizar viaxes gratis nos autobuses dependentes da Xunta nestas áreas a partir do 15 de xuño”. Ademais, os maiores de 21 anos destas zonas poderán solicitar e empregar a tarxeta TMG desde esas mesmas datas.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o director do Igape, Juan Manuel Cividanes, mantivo unha videoconferencia cos responsables das federacións de transporte de pasaxeiros por estrada.

Na reunión, a conselleira explicou que se Galicia pasa á fase 3 o vindeiro luns,” empezará a notarse un incremento nos servizos interprovinciais, establecéndose servizos de cando menos o 50% no transporte entre provincias”.

A vindeira semana tamén se porá en marcha unha campaña divulgativa para incidir na necesidade de cumprir as medidas de prevención establecidas fronte á covid-19 para desfrutar dun transporte público seguro. Esta campaña recolle consellos sinxelos como manter a distancia social, o respecto ás limitacións de aforo, o uso obrigatorio de máscaras ou o pago preferente con tarxeta TMG ou mediante dispositivos electrónicos.

Artigos relacionados

Back to top button