Os militantes do PP ourensán elixirán a 72 compromisarios para o congreso de xullo

A votación destes representantes terá lugar nas sedes do partido o vindeiro 5 de xullo

Manuel Baltar, na reunión do comité executivo do PP de Ourense.

 

A través das 92 xuntas locais existentes na provincia de Ourense, os militantes elixirán a un total de 72 compromisarios (un máis que para o congreso nacional celebrado en febreiro de 2017), segundo o reparto por datos de afiliación aprobado na xunta nacional do partido celebrada o pasado luns. O comité executivo provincial do PP ourensán iniciaba na tarde do 12 de xuño os trámites para a elección dos seus representantes no congreso extraordinario de xullo, do que sairá o novo presidente nacional do PP.

A delegación completarase cun representante máis escollido pola organización xuvenil Novas Xeracións e outras doce persoas que se corresponden cos compromisarios natos, é dicir, o presidente provincial, deputados e senadores, o presidente do Parlamento galego, o alcalde da capital e outras dúas ourensás máis, a presidenta do PP en Panamá e unha representante da organización xuvenil a nivel nacional.

Segundo o establecido no regulamento, o calendario, que comezará coa presentación de candidaturas entre os días 18 e 20 de xuño, concluirá o 5 de xullo coa votación nas sedes, nas que só poderán participar os inscritos como participantes. Haberá unha urna para votar aos precandidatos á presidencia e outra para votar aos compromisarios (sempre e cando concorran máis candidatos que prazas asignadas), segundo se informa dende o PP de Ourense.

 

Outro dos momentos da reunión.

 

O PP de Ourense é o primeiro de Galicia en dar comezo aos trámites de representación para a cita extraordinaria de xullo, “o que ven de amosar, unha vez máis, que a nosa formación está sempre preparada para afrontar calquera situación, por imprevista que sexa”, sinalaba na reunión o presidente provincial Manuel Baltar.

Ademais destacaba a importante representación ourensá, “que gaña un compromisario máis dos 2.612 que serán elixidos no resto das provincias, cunha proporción de maior peso que outras zonas semellantes ou mesmo con máis poboación”.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies