EconomíaEconomíaÚltima hora

Os montes de Laza, pioneiros na absorción de CO2 en Ourense

A comunidade de montes de Laza, Cimadevila e Souteliño rexenerou recentemente unha masa forestal de 5,87ha.

Vista dos montes de Laza, Cimadevila e Souteliño. / Foto: cedida.

 

Os montes de Laza suman o 22% das toneladas de dióxido de carbono (CO2) dispoñibles para compensar de toda Galicia e é o único de Ourense. A comunidade de montes de Laza, Cimadevila e Souteliño rexenerou recentemente unha masa forestal de 5,87 ha. de piñeiro do país.

Foi no pasado mes de xaneiro cando se procedeu á inscrición da masa forestal no rexistro de proxectos de absorción de CO2 do Ministerio para a Transición Ecolóxica, cunha vixencia de 40 anos. O proxecto neste monte comunal espera alcanzar unha absorción de 3.745 toneladas e, unha parte delas, xa está ao dispor de administración de empresas que queiran adquirir os seus dereitos para compensar as emisións de dióxido de carbono que producen na súa actividade diaria.

Segundo Antonio Mota, enxeñeiro técnico forestal, esta acción de compensación consiste en que, de non poder incrementar a súa eficiencia, as empresas teñen a posibilidade de invertir en proxectos de mellora do medio ambiente adquirindo os dereitos que, neste caso, pertencen á comunidade de montes.

A comunidade de Laza, Cimadevila e Souteliño ten previsto incrementar o seu proxecto de absorción con outras 64 hectáreas máis co obxectivo de superar as 44.000 toneladas dispoñibles. O prezo actual do mercado anuncio de CO2 varía entre os 25 e os 30 euros por tonelada compensada.

Ademáis, a inscrición do monte no rexistro é compatible co aproveitamento forestal, polo que en realidade sería un complemento sobre os ingresos normais que se esperan obter da venda da madeira. O monte de Laza, Cimadevila e Souteliño é un dos poucos de Galicia que conta na actualidade e de forma simultánea, cos certificados de xestión forestal sostible PEFC e FSC.

Artigos relacionados

Back to top button