OurenseÚltima hora

“Os Mundos de Carlos Casares” abre as súas portas na Sala Valente de Ourense

“Os mundos de Carlos Casares”, así é o nome da mostra que acolle dende hoxe, 25 de abril, a Sala Valente (Antigo Banco de España), ubicada na rúa do Paseo de Ourense. A exposición estará até o 21 de maio e, posteriormente, viaxará de xeito itinerante por toda Galicia. A exposición recolle a faciana máis literaria do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017.

Na inauguración de hoxe estiveron presentes o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o primeiro fillo de Carlos Casares, Hakan Casares Berg; a secretaria da exposición, Chus Martínez e Antonio Pérez, o alcalde de Xinzo de Limia, que será a última parada da mostra.

Máis información sobre a exposición no número vindeiro do mes de maio de “O Sil”.

Artigos relacionados

Back to top button