En portadaÚltima hora

Os municipios de 5.000 habitantes ou menos terán un horario máis amplo para saír á rúa

Os veciños poderán facer actividade física non profesional a partir do 2 de maio entre as 6h. e as 23h

Panorámica de Vilariño de Conso, un dos concellos ourensáns con menos de 5.000 habitantes./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As franxas horarias nas que as persoas de 14 anos en adiante poden realizar actividade física non profesional ao aire libre (unha vez ao día), a partir do 2 de maio, son moito máis amplas nos concellos de 5.000 habitantes ou menos, que no resto.

Así se establece na Orde do 30 de abril do Ministerio de Sanidade, que vén de saír publicada no BOE deste 1 de maio. Nela específicase que “as franxas horarias non serán de aplicación naqueles municipios e entes de ámbito territorial inferior ao municipio que administren núcleos de poboación separados cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes nos que a práctica das actividades permitidas por esta orde poderá levarse a cabo entre as 6h. e as 23h”.

En cambio, en poboacións de máis de 5.000 habitantes as franxas horarias permitidas para a práctica do deporte individual e os paseos “só poderán levarse a cabo entre as 6h. e as 10h. e entre as 20h. e as 23h.”, segundo a orde. Ademais, aquelas persoas que necesiten saír “acompañadas por motivos de necesidade e as persoas maiores de 70 anos poderán practicar deporte invididual e pasear entre as 10h. e as 12h. e entre as 19h. e as 20h. As persoas maiores de 70 anos poderán saír acompañadas dunha persoa convivinte de entre 14 e 70 anos”.

 

Sabuguido, unha das aldeas de Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A normativa tamén matiza que “non poderán facer uso desta habilitación as persoas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido ao diagnóstico por COVID-19, ou que se encontren nun período de corentena domiciliaria por haber tido contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19. Asimesmo tampouco poderán facer uso desta habilitación os residentes en centros sociosanitarios de maiores”.

A orde do Ministerio de Sanidade pode consultarse aquí:

BOE-A-2020-4767

Artigos relacionados

Back to top button