CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os murais do valdeorrés Chere, nas Meninas de Canido (Ferrol)

Entre os artistas seleccionados na novena edición do proxecto denominado “Meninas de Canido” en Ferrol estaba o barquense Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”. Na pasada fin de semana do 1 e 2 de setembro este creador realízaba un dos seus singulares murais con anacos de azulexos e de vaixelas de Sargadelos, desta volta recreando as figuras de varias meninas. Como noutras ocasións, a súa era tamén unha obra colectiva.

Este certame, que presume de ter entre os seus nomes de referencia o de Banksy, naceu no 2008 como resposta artística ao deterioro dunha área ferrolá. Ao labor dos artistas suma actos como clases maxistrais, música, gastronomía e actividades infantís.

Fotos cedidas por Chere.

 

dav

Artigos relacionados

Back to top button