Publicidade
OurenseÚltima hora

Os “Museos das estacións” de tren do Inorde reabren as súas portas

Foron rehabilitadas co proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Interreg IIIA

Os “Museos das estacións” de tren que o Inorde ten arrendadas a ADIF e que foron rehabilitadas co proxecto europeo de cooperación transfronteiriza (Interreg IIIA), volven a abrir as súas portas ao público.

 

No Museo do Automóbil – Fundación Estanislao Reverter de Santa Cruz de Arrabaldo.

 

O obxectivo da rehabilitación destas estacións “foi convertelas en enclaves para a revitalización económica, social e cultural das áreas que a forman, convertendo estas zonas en espazos de lecer, ecoturismo, turismo activo natural e cultural a través da recuperación e potenciación das rutas da Vía da Prata e os camiños portugueses, así como as vías xacobeas e a Vía Nova”.

Así, na estación de ferrocarril de Baños de Molgas reabrirán o Museo Moncho Borrajo, a Sala de Exposicións, o restaurante e cafetería, e o albergue turístico. O horario será de martes a domingo, de 11:30 a 13:30 horas e pola tarde de 16:30 a 20:30 horas ata o 15 de outubro.

Ademais, na estación de Santa Cruz de Arrabaldo, volverán abrir o Museo do Automóbil- Fundación Estanislao Reverter e o Museo do traxe tradicional galego; mentres que na estación de tren de Os Peares abrirá a Aula-Museo do Ferrocarril. As visitas concertaranse mediante cita previa no teléfono 988 317 930, na web inorde.com ou no correo electrónico inorde@inorde.com.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close