ConcellosQuirogaÚltima hora

Os museos de Quiroga e a súa oficina de turismo amplían os seus horarios no verán

Exterior do Museo Xeolóxico de Quiroga./ Cedida.

 

A Oficina de Turismo e os Museos Xeolóxico e Etnográfico de Quiroga contarán durante estes meses de verán cun amplo horario de atención ao público. Así, a oficina de turismo abrirá dende o vindeiro luns en horario de mañá dende as 10h ata as 14h.; e pola tarde dende ás 17h. ata as 20h para atender a todas aquelas persoas que demanden información sobre o municipio, sobre a comarca e sobre toda a Ribeira Sacra.

En canto aos museos, tanto o museo Xeolóxico como o Etnográfico abrirán dende as 10h. ata as 14h. Polas tardes o museo Xeolóxico abrirá de 17h. a 18:30h. e o Museo Etnográfico de 18:30h. ata as 20:00 h.

Estes serán os horarios de luns a venres, as fins de semana e festivos o horario de atención ao público será en horario de mañá de 10h. a 13h. Tanto para a oficina de Turismo como para os museos.

“Ademais os Museo Xeolóxico realizou uns marcapáxinas cos que obsequiará a todos os visitantes, tanto deste museo como do etnográfico e da oficina de turismo, que inclúen os códigos QR do museo, do Concello de Quiroga e do Xeoparque Montañas do Courel. Este código levará directamente a toda a información que se recolle na súas páxinas oficiais. Ademais no reverso dos marcapáxinas pódese ver unha táboa do tempo xeolóxico cos seus distintos períodos”, tal e como se informa dende o Concello de Quiroga.

Durante esta semana todas aquelas persoas que se achegan a calquera destas tres instalacións recibirán cumprida información sobre a feira do viño que se celebrará os día 24 e 25 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button