CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os músicos valdeorreses danse cita no Jam Fest de AMAVA

O Barbudos (plaza Lauro Olmo) do Barco acollía o miscrofestival de música independente

En acústico e eléctrico. Son os formatos nos que a Asociación de Música Independente de Valdeorras (AMAVA) dividía o Jam Fest 2018 celebrado os días 24 e 25 de agosto na terraza do Barbudos (praza Lauro Olmo do Barco de Valdeorras).

De forma individual, en dúos e ata tríos, cantando co único acompañamento da guitarra, músicos entre os que figuraban Roma Doval, Maira, Amparo ou Piru conquistaban ao público na primeira xornada. Na segundo, abertos tamén á improvisación, os protagonistas foron grupos xa consolidados como Big Cruch, Azor 91, Sex Pistolos ou Caxotazo, así como músicos doutros grupos como Placeres Solitarios ou The Jocker, todos de Valdeorras. “A maioría do Barco pero tamén os había da Rúa, da Veiga ou Sobradelo”, explica o presidente de AMAVA e membro de Big Crunch Roma Doval,quen explica que o obxectivo do festival é precisamente dar a coñecer aos músicos da comarca (teñen máis de 200 socios sendo dos colectivos musicais máis numerosos da provinvia), pero de cara ao futuro gustaríalles convidar a grupos de fóra “para que a xente daquí desfrute e coñeza as novidades”.

A primeira edición do festival de AMAVA tiña lugar no 2011 e malia ir cambiando de ubicación, (do Galilelo pasaron ás Piscinas ata o Barbudos), seguen reunindo a un bo número de participantes e seguidores que desfrutan cos sons máis poetentes de guitarras, baixos e baterías.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button