CulturaCulturaÚltima hora

Os nenos barquenses coñecen a verdadeira historia de Hamelin con Mere Clown

 

A historia do frautista de Hamelin non é como nola teñen contado. Así o demostraba, botando man do humor, do xogo ou dos malabares, Mere Clown na Biblioteca Florencio Delegado Gurriarán do Barco na tarde do 30 de maio.

Este espectáculo infantil, titulado “A verdadeira historia de Hamelin”, é unha adaptación circense do clásico conto, no que Mere Clown lograba a complicidade e implicación dos máis pequenos.

Na actuación, cun aforo limitado, aplicábase o protocolo de seguridade sanitaria fronte ao Covid-19.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button