En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Os nenos da Primeira Comuñón, protagonistas da Octava do Corpus en Viloira (O Barco)

 

Aínda que sen actividade lúdica, Viloira celebra hoxe a Octava do Corpus.

 

 

 

Unha semana despois do Corpus Christi, unha importante cita relixiosa celebrada en moitas localidades, no mediodía deste domingo 26 de xuño esta parroquia barquense acollía os actos centrais da Octava: a eucaristía e a posterior procesión sacramental polas rúas da localidade.

 

 

 

Nela participaban os 10 nenos que veñen de recibir a Primeira Comuñón, converténdose nos verdadeiros protagonistas da cita, especialmente durante a misa na que interactuaron co párroco Raúl Vega que amenizaba o culto cantando e tocando a guitarra.

Como vén sendo costume, os pequenos ían esparexendo pétalos de rosas ao paso da procesión que tamén atravesaba a praza Ramón Otero Pedrayo.

 

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button