Galerías de fotosÚltima hora

Os nenos de DiverTrives achéganse á música tradicional coa Banda de gaitas Os Trintas

Dun xeito divertido e moi amenos os nenos de DiverTrives descubrían na mañá do 21 de agosto o mundo da música tradicional galega e os seus instrumentos a través de das explicacións de dous profesores da Banda de gaitas Os Trintas de Trives, Santiago Mera e David Fernández.

Esta actividade estaba organizada por DiverTrives coa colaboración da Banda de Gaitas Os Trintas de Trives. Tratábase dunha “proposta de apoio e difusión da nosa cultura onde os nenos e nenas tomaban contacto directa cos instrumentos e descubrían a música galega. Este é o mellor xeito para facer que estes cativos se interesen e, se queren, que poidan pasar a formar parte da banda de gaitas trivesa que ten as portas abertas para seguir recibindo novos alumnos”, explican os promotores da iniciativa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button