En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os nenos de Manzaneda achéganse ao mundo dos radioafeccionados

O grupo de radioafeccioados de Trives organizaba, en colaboración co Concello de Manzaneda e coa agrupación de Protección Civil, unha “cacería do raposo”

 

A través dunha proposta diferente e moi divertida, “a cacería do raposo”, os nenos do “Verán Lúdico” de Manzaneda achegábanse ao mundo dos radioafeccionados. Esta singular iniciativa estaba promovida polo grupo de radioafeccionados A Pobra de Trives, en colaboración co Concello de Manzaneda e coa súa agrupación de voluntarios de Protección Civil.

A actividade desenvolvíase por diferentes puntos da vila na procura dun raposo de peluche e concluía coa entrega de diplomas aos ao redor de vinte rapaces participantes, que tiñan unha idade de ata 8 anos.

Esta iniciativa vén a dar continuidade as actividades de divulgación que este grupo de radioafeccionados organizaba, tamén para nenos, en Trives o 1 de agosto. E a súa intención é continuar con elas noutros puntos do oriente ourensán.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button