CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os nenos de Parada de Sil plasmarán en debuxos a súa vivencia da emerxencia sanitaria

O seu alcalde escribíulles unha carta propoñéndolles un pequeno concurso que dará lugar a unha exposición

 

Os voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil levábanlle nestes días unha carta aos cativos deste municipio cunha proposta moi especial. O alcalde, Aquilino Domínguez, convídaos a debuxar “nun folio algo sobre este momento raro que estás vivindo, o que mellor che pareza. Podes presentar dous debuxos, sempre firmados. Recolleranos na última semana de maio e colgarémolos todos no concello, na sala de usos múltiples”.

Máis adiante, cando a situación o permita, os cativos participantes poderán escoller o debuxo que máis lles guste e o autor do que teña máis votos recibirá un libro como agasall. Tamén haberá unha merenda para todos.

Ademais os voluntarios de Protección Civil explicaranlle aos rapaces en que consiste o seu labor e amosaranlles os vehículos e os medios dos que dispoñen, “e poderedes tocar as sirenas e así irvos animando a apuntarvos de voluntarios cando teñades idade”, di tamén na carta o rexedor, que se despide desexándolles moito ánimo.

 

Artigos relacionados

Back to top button