ConcellosPetínÚltima hora

Os nenos de Petín xogan, aprenden e divírtense no campamento de verán

Diver Petín desenvolverase ata o 31 de agosto no entorno da Casa da Cultura

 

Obradoiros de todo tipo, festas temáticas, xincanas, roteiros e moito xogo. Coas pertinentes medidas sanitarias dos protocolos Covid, son moitas e moi variadas as actividades que conforman o programa deste ano do campamento de verán Diver Petín, promovido dende o Concello e organizado por Pinchacarneira.

O campamento, que comezaba na mañá deste xoves 1 de xullo cunha vintena de cativos de 3 a 12 anos, estará activo ata o 31 de agosto en horario de 10 a 14 horas con actividades vencelladas co deporte, coa música, coa creatividade e mesmo coa cociña ou a ciencia, incluíndo almorzo a media mañá que se desenvolven no recinto da Casa da Cultura de Petín, tanto na aula interior coma na pista polideportiva, ao aire libre.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button