ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima hora

Os nenos de Rubiá reciben agasallos e caramelos da man dos Reis Magos

 

Este ano a tarde de Reis está sendo totalmente diferente a outros anos, pero iso non implica que sexa menos especial. Polo menos así o están a vivir os cativos nos diferentes concellos.

No caso de Rubiá, os Reis Magos cambiaban o tradicional percorrido en tren pola vila coa posterior recepción na Casa da Cultura, por unha fermosa e animada cabalgata estática na praza do Concello. Alí, dende as catro e media da tarde deste martes 5 de xaneiro de 2021, Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron un a un aos cativos do municipio aos que lles entregaban o seu agasallo e un boa presa de caramelos e outras lambetadas.

 

 

E todo, nun idílico entorno, decorado para a ocasión con alfombra vermella incluída, e seguindo un estrito protocolo de seguridade anticovid: todos (nenos e maiores) coa mascarilla posta, e lavado de mans antes de acercarse aos reis. Unha posta en escena acorde co “tempo Covid” pero coa mesma maxia de sempre.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button