En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os nenos de Sober descubren a Manuel María

No CEIP Virxe do Carme desta localidade lucense impartíase unha charla-coloquio a cargo de Xosé Lois García

Aínda queda máis dun mes para a celebración do Día das Letras Galegas, pero xa comezan a celebrarse actos en torno á figura do autor homenaxeado este ano: o poeta lucense Manuel María. É o caso da charla-coloquio que tiña lugar o 29 de marzo no CEIP Virxe do Carme de Sober a cargo de Xosé Lois García.

No decurso da súa intervención, os alumnos puideron averiguar moitas curiosidades e anécdotas sobre a vida de Manuel María. Xosé Lois García aportáballes unha visión moi próxima e persoal da súa figura e da súa relación con Sober.

Tamén participaban neste acto Alfonso Campos e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que lle entregaba a cada neno un exemplar do libro infantil de Manuel María “O bigote de Mimí”. Este conto está editado pola Fundación Manuel María nunha edición especial encargada polo Concello de Sober. E para a bibliboteca e para os profesores do libro o Concello aportaba: “Manuel María reencontrado”, escrito polo conferenciante Xosé Lois García.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button