CulturaCulturaÚltima hora

Os nenos do campamento infantil de Carballeda de Valdeorras, na mina de ouro das Médulas

 

Xa na recta final dun intenso verán cheo de actividades, aprendizaxes, novas experiencias e tamén de lecer e diversión; os nenos do Campamento infantil “Peque Actividades” do Concello de Carballeda de Valdeorras, xunto cos seus monitores, visitaban unha paraxe natural e cultural chea de historia e tamén de lendas. Achegábanse ata a veciña comarca do Bierzo para coñecer a paisaxe arqueolóxica das Médulas, declarada Patrimonio da Humanidade.

Os cativos percorrían esta inmensa mina de ouro, a máis grande do Imperio Romano, descubrindo as súas galerías e as diferentes zonas da explotación. Despois da visita, repoñían forzas cun abundante xantar e non faltaba tampouco tempo para refrescarse e desfrutar dun baño.

As excursións eran unha das singularidades deste campamento infantil, que seguía a aplicación das medidas anticovid. Entre esas visitas figuraban ás realizadas entorno de alta montaña de Pena Trevinca, así como á base de helicópteros de Vilanova (O Barco), e, neste último caso, a un xacecemento arqueolóxico, o das Médulas.

Fotos cedidas polo Concello de Carballeda de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button