CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os nenos do CLIA do Barco asisten ao VII Foro de Participación Infantil, no Parlamento de Galicia

Aproveitando a viaxe, os membros do Consello Local de Infancia e Adolescencia barquense visitaban o MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego)

 

Dar visibilidade aos dereitos da infancia desde o Parlamento, é o obxectivo do VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia, celebrado na mañá do 22 de novembro no Salón de Plenos da Cámara galega. Un encontro ao que asistían representantes dos Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente  (CLIA) de Redondela, Ponteareas, Castrelo de Miño, Ourense, O Barco de Valdeorras, Cabanas, Porriño, Teo e Moeche.

Este encontro ten como dinalidade dar voz aos nenos e ás nenas para que, traballando previamente nos seus Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, as cuestións que son da súa preocupación e interese, poidan aportar durante o pleno a súa visión de como estas se ven reflectidas nas súas vidas e na de millóns de nenos que se atopan en países en vías de desenvolvemento.

 

 

Membros do CLIA do Barco diante do Parlamento.

 

Na sesión, o vicepresidente do Lexislativo galego Diego Calvo, lembrou que este ano se celebra o 30 aniversario da Convención sobre os dereitos do neno, un tratado internacional que “supuxo, en si mesmo, un paso de xigante”, e que cómpre protexer e impulsar. Ademais, aproveitou a ocasión para animar aos 80 nenos e nenos participantes a “reflexionar sobre os dereitos que poden exercer decote polo feito de vivir no denominado primeiro mundo”.

 

Os nenos no interior do Parlamento.

 

Os membros o CLIA do Barco, que hai só dous días protagonizaban xunto ao resto de compañeiros dos catro centros de Primaria da vila (Julio Gurriarán, Condesa de Fenosa, Divina Pastora e Otero Pedrayo) o acto conmemorativo do Día Internacional da Infancia, aproveitaron a viaxe para visitar o MUPEGA (Museo Pedagóxico Galego), sentándose nos pupitres de madeira e pintando en antigas pizarras.

 

Asistentes ao Foro.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button