ConcellosQuirogaÚltima hora

Os nenos dos campamentos de verán de Quiroga asisten a unha charla da Garda Civil

Visita ds axentes da Garda Civil ao campamento de verán de Quiroga.

 

Continúan a desenvolverse os campamentos de verán do Concello de Quiroga iniciados a principios do mes de xullo cun total de 40 nenos e nenas e moitas actividades ao aire libre. De feito, esta semana tiveron a oportunidade de coñecer de moi preto a labor que realizan os profesionais dos servizos de emerxencias, sanitarios e forzas de seguridade.

Nas inmediacións do parque da Constitución estiveron cos vehículos do GES que lles ensinaron como se manexan as mangueiras que se empregan no momento de apagar un lume. Logo chegou a quenda de ver o traballo que realizan os traballadores do servizo de emerxencias 061 que presta os seus servizos no noso municipio. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de ver como funcionaban os aparellos que utilizan diariamente no seu traballo como sanitarios.

 

Un momento da charla.

 

Con todo, unha da visitas máis sorprendente foi a dos axentes da Garda Civil da Comandancia de Lugo e o sarxento do posto de Quiroga, para ensinarlle os vehículos cos que diariamente realizan as patrullas polo noso municipio. Nestas visitas tamén participaron os responsables municipais, a concelleira de Educación e Infancia Loli Sánchez, e o rexedor local, Julio Álvarez.

Os campamentos continuarán desenvolvendo a súa actividade diaria de luns a venres desde as once da mañá ata as dúas do mediodía, ata o martes 31 de agosto, data de remate dos mesmos.

Artigos relacionados

Back to top button