En portadaÚltima hora

Os nenos, protagonistas do Correlingua en Trives

Esta carreira non competitiva en defensa do galego terá lugar o día 12 de maio ás 11:30h. polas rúas da vila

 

Nenos participantes nunha edición anterior do Correlingua en Trives.

 

Correndo celebrarán as Letras Galegas os nenos triveses. O venres 12 de maio ás 11:30 h. os rapaces da vila participarán no Correlingua, unha carreira non competitiva e en defensa do galego, polas rúas da zona vella de Trives.

“Esta é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a toda a mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma. Un xeito de intervir no mantemento e difusión do mesmo coa participación activa da mocidade”, segundo se indica dende a organización.

 

Detalle do cartaz do Correlingua trivés.

 

Ademais instalarase un photocall con frases en galego onde todos os asistentes se poderán ser fotografados coas súas frases e palabras preferidas en galego.

Artigos relacionados

Back to top button