OurenseÚltima hora

Os nenos, protagonistas en Ourense do XXXVI aniversario da Constitución

No acto conmemorativo, presidido polo subdelegado do Goberno, entregáronse os premios do 31ª concurso da Carta Magna
Autoridades presentes no acto institucional do día da Constitución en Ourense, cos menos premiados no concurso da Carta Magna.
Autoridades presentes no acto institucional do día da Constitución en Ourense, cos menos premiados no concurso da Carta Magna.

A provincia de Ourense celebraba o XXXVI aniversario da Constitución española no mediodía do 6 de decembro no Auditorio da cidade das Burgas cun acto institucional presidido polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e ao asistían numerosas autoridades, entre elas o alcalde da cidade, Agustín Fernández, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez.

Na súa intervención, Roberto Castro referíase á Constitución como “un texto conquerido co traballo, o esforzo e a renuncia de persoas distintas e distantes, que antepuxeron o interese xeral aos seus asuntos e criterios particulares”, ademáis de destacar que “permitiu ser manantial de orgullo permanente de tódolos cidadáns a prol de tódolos intereses do país”.

No decurso deste acto tamén foron distinguidos rapaces de toda a provincia xa que se entregaron os premios do 31º Concurso da Constitución.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, entregando un dos premios do concurso infantil.
O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, entregando un dos premios do concurso infantil.

Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button