Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Os nenos protagonizan o acto conmemorativo do 40 aniversario da Constitución en Ourense

Foi a primeira edición do concurso de debuxos e redaccións presidida polo subdelegado do Goberno Emlilo González Afonso

Un total de 40 nenos e nenas de toda a provincia de Ourense, foron premiados polos seus traballos relacionados cos dereitos e deberes fundamentais, o tema central da XXXV edición do Concurso da Constitución no seu 40º Aniversario.

A entrega de premios tiña lugar na mañá do 6 de decembro no Auditorio de Ourense, nun acto inaugurado pola Banda Musical de Xoves da Limia e a coreografía de Sandra Alén e presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense xunto co alcalde, a delegada territorial da Xunta, o tenente Fiscal, o xuíz Decano, deputados e senadores. Ao evento acudiron ademais membros da Administración Xeral do Estado, alcaldes e alcaldesas, representantes das corporacións locais, forzas e corpos de Seguridade, colexios profesionais, Universidade, asociacións, representantes sindicais e unha importante representación da comunidade educativa e alumnado.

Na súa intervención, o subdelegado do Goberno Emilio González Afonso, destacou no 40º Aniversario da Constitución o valor e a importancia da mesma, así como “síntoma de madurez democrática considerar a nosa Carta Magna coma un texto vivo, capaz de ser fortalecido mediante novos consensos que dean lugar a reformas adaptadas á España dun novo século”. Así mesmo destacou a gran participación da comunidade educativa da provincia resaltando a laboura pedagóxica mostrándolles ás novas xeracións a riqueza e importancia dos nosos dereitos e deberes que recolle a Constitución.

Por último instou a unha Constitución que mire a Europa, que culmine o modelo territorial fortalecendo a estructura autonómica, salvaguardando a igualdade e recoñecendo a diversidade dentro da cohesión territorial, que atenda ó medio ambiente e transición ecolóxica, que mire á nova tecnoloxía e se adapte á nova estructura de participación cidadá.

Ademais dos premios e agasallos aos cativos, no decurso do acto tamén se entregaron as distincións, que nesta edicións foron outorgadas a Ramón Salvador Álvarez, policía nacional adscrito a Comunidade Autónoma de Galicia e con destino en Ourense polo seu traballo no ámbito da loita contra a violencia de xénero; á Asociación APES (Asociación para a Prevención e a Educación Social) polo seu labor centrado na prevención social mediante tres programas: Escola Viva, Cidadanía Activa e Prisión Aberta; e a FADEMGA Plena Inclusión Ourense, Federación de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual formada na provincia por: Aspanas, Aspadisi, As Burgas, Asfaval, Ado e Autismo Ourense polo exemplo como movemento asociativo formado pola base familiar que loita polos dereitos e a inclusión das persoas con discapacidade intelectual.

Artigos relacionados

Back to top button