Publicidade
CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os nenos triveses celebran o Día do Libro axudando a Sherlock Holmes e a Watson nunha misión especial

Publicidade
A vila acollía na tarde do 18 de de abril unha singular xinkana coa participación duns 20 rapaces

O punto de partida era o Auditorio Julio Vázquez de Trives. Alí iniciábase ás 17:30h. do 18 de abril un percorrido moi especial no que se mesturaba literatura, xogo, fantasía e enxeño. Tratábase da Xinkana aventureira que organizaba o Concello de A Pobra de Trives para os máis pequenos no marco da celebración do Día Internacional do Libro.

Nesta xinkana participaba unha vintena de nenos/as triveses que acudían para axudarlles a Sherlock Holmes, e ao seu axudante Watson, nunha misión moi especial. Xa dentro do auditorio, dúas vellas entregábanlle unha carta ao investigador. Debía darlle solución á desaparición dun gato e recurriron a el por ser o mellor en resolver todo tipo de casos.

Orginanizouse aos cativos en grupos, guiados por “mozos traídos das rúas de Londres” que lles farían de guías. Aí comenzaba un segundo apartado de pistas que seguir, pero todas elas con actuacións voluntarias de por medio.

Tras recibir as súas placas de detectives que os identificarían en toda esta misión, os rapaces perseguiron ao gato, fixeron limpeza de lixo en parques, axudaron á xente maior, aprenderon a tender, recoller e dobrar roupa. Tamén tiveron que descifrar mensaxes secretas e así foron avanzando ata descubrir, mentres estaban colocando caixas para reciclar, que o gato estaba dentro.

A pesar de que só un dos tres grupos foi o que atopou o gato, o detective Sherlock Holmes e máis Watson galardoaron a cada membro desa misión co carné de detective no que ata puxeron a súa pegada dactilar. E, despois de colaborar activa e voluntariamente nesta misión, as velliñas déronlle a cada participante unha guía de “Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias”.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close