ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os nenos triveses, protagonistas da obra “Poliño, un conto de Nadal”

Actuaban na tarde do 28 de decembro neste contacontos con monicreques elaborados por eles mesmos dous días antes

Primeiro os nenos triveses, acompañados polos seus pais, creaban unha serie de personaxes botando man de materiais como papel, cartulina, pegamento ou algodón nun obradoiro organizado polo Concello de Trives que se impartía na tarde do 26 de decembro en Santa Leonor.

Dous días despois, tamén en Santa Leonor, convertíanse en protagonistas dunha función titulada “Poliño, un conto de Nadal”, na que actuaban ante o público cos monicreques elaborados por eles mesmos.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button