EconomíaEconomíaÚltima hora

Os nenos valdeorreses deixan as súas cartas a Papá Noel e aos Reis no Barco

O Barco CCA instalaba hai uns días un buzón para facilitar que os máis pequenos acheguen as súas misivas a estes personaxes propios do Nadal

 

Un neno depositando a súa carta no buzón instalado polo CCA na praza do Concello do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na praza do Concello do Barco está instalado dende hai uns días un buzón decorado, xunto a un piñeiro co logo do Centro Comercial Aberto, no que os máis pequenos poden depositar as súas cartas a Papá Noel e aos Reis Magos.

Ademais este ano, como novidade, os establecementos asociados a esta entidade estanlle entregando aos seus clientes uns vales para que todos os cativos que queiran podan facerse unha foto con Papá Noel nun photomatón e levala ao instante. O stand situarase na mesma praza do Concello do Barco o día 23 de decembro entre as cinco e as sete da tarde.

Artigos relacionados

Back to top button