ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os novos cinceiros portátiles do Concello de O Barco estrearanse no SilFest

O Concello de O Barco pon en marcha unha campaña para reducir a cantidade de cabichas no chan. Esta consiste no reparto duns 3000 cinceiros portátiles entre os veciños, pero sobre todo entre os asiduos á praia fluvial do Malecón e entornos ao aire libre. O obxectivo é que os fumadores recollan as súas cabichas para evitar que non caian ao chan, xa que nalgúns puntos non hai cinceiros.

Así, con motivo da cuarta edición do SilFest Valdeorras, o cal se celebra os días 4, 5 e 6 de xullo, repartiránse 1000 unidades, xa que se prevé a acumulación dun gran número de persoas. Ademais, segundo o Concello, estes tamén se repartirán en vindeiros eventos cunha gran afluencia.

 

Artigos relacionados

Back to top button