CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os novos Gorrillas triveses do “Land Rober”

Tres alumnos do CEIP Bermúdez Couso de Trives acudían a este programa da TVG e participaban nun dos seus skechs xunto a Robero Vilar e Xosé Antonio Touriñán

“Os novos Gorrillas veñen pisando forte, substituirán aos de sempre?” Era o comentario que se facía na web de “Land Rober Tunai Show”, tras a emisión deste programa da TVG da noite do 19 de xaneiro na que participaban tres alumnos do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso de A Pobra de Trives. Trátase de Ainara, Servando e Hugo, tres estudantes de sexto.

 

 

Nada máis encetarse este esoazi de humor, de dúas horas de duración, aparecían xunto ao seu presentador, Roberto Vilar, e xa na recta final actuaban no skech dos Gorrillas, xunto a Vilar, Xosé Antonio Touriñán e Covadonga Berdiñas, entre outros.

Para participar no “Land Rober”, os rapaces triveses desprazábanse ata Santiago e viaxaban acompañados de familiares e veciños da vila, que desfrutaban como público do programa, ao que tamén acudía como convidado Kiko Rivera.

Nesta galería de imaxes poden verse diferentes momentos do programa.

Para ver o programa:

http://www.crtvg.es/

Artigos relacionados

Back to top button