Cultura

Os obradoiros de Escolas Abertas erguen o telón no IES Universidade Laboral

O programa que forma a centos de galegos da diáspora celébrase por primeira vez en Ourense
A inauguración do programa foi onte, no IES Universidade Laboral.
A inauguración do programa foi onte, no IES Universidade Laboral.

O IES Universidade Laboral de Ourense acolle por vez primeira as xornadas formativas do programa Escolas Abertas, que comezaron o pasado venres. O secretario xeral da Emigración, Antonio rodríguez Miranda, foi o encargado de inaugurar a edición, onde estivo acompañado pola delegada da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e o xefe do Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Antonio González Amaro.

Escolas Abertas é un programa que busca espallar a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo. Así, os participantes proceden do estranxeiro e visitan a comunidade movidos ben por raíces familiares, ben por descubrir máis de preto cultura galega e levala aos seus países de orixe.

Os alumnos son, á súa vez, formadores nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos chegarán así aos cidadáns da Galicia do Exterior. Segundo datos desvelados pola Xunta, até o momento, téñense formado directamente nas distintas edicións do programa arredor de 800 persoas, e cada unha delas transmite despois os seus coñecementos aos respectivos alumnos nos centros e casas de Galicia onde imparten as clases.

Artigos relacionados

Back to top button