CulturaCulturaenBarcArteÚltima hora

Os obxectos cotiás contan como “Todo flúe” para o rues Roberto Álvarez en enBarcArte

A súa obra pode verse na exposición colectiva "As vidas humanas", instalada ata o 29 de setembro na sala Abanca do Barco

O artista rues Roberto Álvarez, xunto á súa obra na mostra “As vidas humanas”./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O título dun dos debuxos do artista rues Roberto Álvarez, “As vidas humanas”, convertíase en tema da exposición colectiva do 2º Festival das Instalacións Artísticas no contexto urbano do Barco, enBarcArte, aberta ao público ata o 29 de setembro na sala Abanca desta localidade.

Ese debuxo pode verse na mostra xunto a un conxunto de obras da serie “Todo flúe” (2017-2019) con técnica mixta. Con este traballo, segundo conta o propio artista, atopou o significado do lugar que ocupa e que quere ocupar a través dos materiais e a arte. “Isto é posible grazas a unha utilización creativa _sen programación previa_ dos materiais non manipulados e cun pensamento activo para poder así descubrir o significado que os obxectos poden emanar”, conta.

Esta composición reúne un conxunto de obxectos que proceden do entorno cotiá do artista e con eles desenvolve un proceso de creación apropiacionista. “Primeiro reflexiono sobre o significado que ocupa cada obxecto na miña vida, desmontándoos e reconstruíndoos, buscando como encaixar as diferentes pezas entre si e engadindo as intervencións oportunas (pictóricas ou non), pero nun proceso de non manipulación nin elaboración”, nas súas propias palabras.

 

Conxunto de obras da serie “Todo flúe” de Roberto Álvarez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Esta instalación esta situada na sala xustamente en fronte á de Reme Remedios. “A obra de Roberto é máis conceptual, nela está falando de si mesmo. Conta os últimos meses da súa vida, todo o proceso que ten pasado, é un xeito de reconciliación co que el fai. É unha obra optimista na que para el todo comeza a fluír”, comenta o curador de enBarcArte, Jorge Barredo.

Roberto Álvarez, que se formou en Belas Artes en Salamanca, é un dos sete creadores valdeorreses que participan nesta mostra colectiva que complementa as nove instalacións que poden verse en espazos públicos do Barco dentro deste festival.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close