CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os orfeóns de Castro Caldelas e Trives, no certame organizado pola coral Santa Mariña de Xinzo

 

Na tarde do sábado 13 de novembro, a Igrexa Vella de Xinzo acollía o Certame de Corais do Novembro Musical organizado pola Coral Santa Mariña, que contou, ademais da agrupación anfitrioa, coas melodías do Orfeón Caldelas dirixido por Manuel Vila e do Orfeón Trivés, con Sandra González coa batuta.

Foi unha fermosa tarde de música na que cada coro interpretou o seu propio repertorio, actuando ao final as tres agrupacións de forma conxunta. “Momentos de diversión, música e compañeirismo agasallados pola Agrupación anfitriona, a que agradecemos o seu bo facer e aprecio, moi especialmente o seu director Tielas”, en palabras da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, presente no festival coral.

 

Os directores dos orfeóns Caldelas e Trivés, Manuel Vila e Sandra González.

 

Fotos: Dendealimia.com e Concello de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button