DeportesÚltima hora

Os orientadores do Club Peña Trevinca O Barco regresan á competición

Cinco membros participan no Campionato de España-4ª Liga Nacional en Jerez de los Caballeros (Extremadura)

Os membros do Peña Trevinca Barco que se desprazaron ata Extremadura.

 

Pouco a pouco van regresando á normalidade (aínda que mantendo as medidas de seguridade fronte ao Covid) as competicións nas diferentes disciplinas desportivas. No caso de orientación, esta fin de semana (do 5 ao 7 de decembro) estase celebrando na localidade extremeña de Jerez de los Caballeros e noutras cercanas, o Campionato de España de Orientación en todas as modalidades de carreira a pé (distancia longa, media e sprint), no que participaron cinco membros do Club Peña Trevinca O Barco: Martina e Mailén Aller Pfirter, Pablo Aller Estévez, Yevheniya Chystyakova Beketova e Iván Ramos Abelaira.

Ata o momento, o mellor posto dos valdeorreses en distancia longa foi o de Iván Ramos que era 2º en M-21B. Ramos tamén lograba o mellor posto para o seu club na distancia media onde lograba ser 7º.

Artigos relacionados

Back to top button