Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Os orientadores Francisco Camba e Remedios Durán (Peña Trevinca Barco) fan podio en Ordes (A Coruña)

Eran terceiros nas súas respectivas categorías, na 8ª proba da liga galega de orientación a pé

 

O Club Pena Trevinca Barco lograba dous podios na última proba da liga galega de orientación a pé: Remedios Durán, 3ª en F50 e Francisco Camba, 3º en M21 B.

Tal como explican dende o club valdeorrés esta oitava proba da tempada, celebrada en Ordes (A Coruña), serviu tamén para decidir o campionato galego de distancia media, “nunha xornada dominada pola calor e nun mapa no que xa se notaba na vexetación a época do ano na que estamos”.

Outros resultados destacados dos orientadores valdeorreses foron o 4º posto de Martina Aller en F12 e, en categoría masculina, os 11º de Pablo Aller en M50 e o 9º de Javier Sarmiento en M55.

Sen pausa, a orientación a pé retomará a competición o vindeiro sábado 4 de xuño coa celebración da 9ª proba de liga en Goente (As Pontes).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button