DeportesÚltima hora

Os ourensáns Iván Feijóo e Carlos Canal triunfan nos campionatos de España de ciclocross

O presidente da Deputación recibiu aos ciclistas do CC Maceda no Pazo Provincial
O olímpico José Antonio Hermida, Carlos Canal e Iván Feijóo coas medallas.

En recoñecemento por parte da Deputación de Ourense polos éxitos deportivos acadados, o presidente da entidade Manuel Baltar, entregaba na mañá do 10 de xaneiro un galardón aos campións de España de Ciclocross, Iván Feijóo e Carlos Canal.

Os deportistas ourensáns, membros do CC Maceda, veñen de acadar na proba disputada esta fin de semana en Valencia o campionato por relevos coa selección galega e o campionato júnior, no caso de Iván Feijóo, e o subcampionato cadete, para Carlos Canal, motivo polo que o presidente da Deputación felicitou aos dous ciclistas, animándoos a continuar “nesta exitosa senda, levando o nome de Ourense aló por onde van, amosando o esforzo, sacrificio, responsabilidade e dedicación que ten un deporte tan duro como o ciclismo”.

Na recepción oficial celebrada no Pazo Provincial, estiveron tamén presentes o adestrador dos ciclistas, Xulio Conde; o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; e o pai de Carlos Canal, Manuel Canal.

 

Manuel Canal, Iván Feijoo, Manuel Baltar, Carlos Canal, Xulio Conde e Bernardino González, na recepción.

Artigos relacionados

Back to top button