OurenseÚltima hora

Os ourensáns menores de 21 anos poderán utilizar o transporte de forma gratuíta coa tarxeta “Xente Nova”

Pódese solicitar nas oficinas de Abanca e inclúe 60 viaxes mensuais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciaron a posta a disposición da tarxeta “Xente Nova” para os menores de 21 anos. Esta tarxeta permite realizar viaxes gratis no transporte da provincia.

 

Durante a presentación.

 

A mocidade xa pode solicitar a tarxeta nas oficinas de Abanca. Terán que pedir cita previa na oficina e os menores de idade deberán ir acompañados dun dos proxenitores.

Ethel Vázquez explicou que “é unha tarxeta moedeiro que non precisa dunha conta asociada, senón dun saldo inicial que cada 15 días reembolsarase para un máximo de 60 viaxes ao mes”, engadindo que “na provincia de Ourense permitirá que 5.200 mozos poidan solicitala”.

 

Puntos onde se pode solicitar a tarxeta.

Artigos relacionados

Back to top button