OurenseSen categorizarÚltima hora

Os ourensáns nacidos entre 2002 e 2016 poderán recoller un libro de balde nas librarías a partir do 1 de xullo

Esta iniciativa está dentro da campaña "Un libro desconfina a túa imaxinación", cuxo obxectivo é fomentar a lectura entre a mocidade

O Concello de Ourense comezará o vindeiro mércores, 1 de xullo, a campaña “Un libro desconfina a túa imaxinación”, que ten como obxectivo fomentar a lectura entre a mocidade e axudar ao comercio local.

Esta iniciativa é válida para os ourensáns nados entre o 2002 e o 2006, aos que se lles agasallará un libro que poderán recoller nas librarías da cidade. Os menores de 14 anos deberán estar acompañados polos parentes ou por un titor legal.

 

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Así, o Concello cubrirá ata un máximo de 20 euros por neno e libro e só poderán optar á promoción os nenos empadroados no propio Concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button