SanidadeÚltima hora

Os pacientes ingresados con coronavirus no Hospital Valdeorras baixan a nove

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.698, con 294 altas e 102 falecementos, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Descenden por segundo día consecutivos os ingresos por coronavirus no Hospital de Valdeorras. Segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade son un total de nove os pacientes ingresados en planta no Hospital de Valderras (cinco menos que onte) e oito no Hospital de Verín.

No Hospital Universitario de Ourense son 136 persoas as hospitalizadas en planta e 15 en UCI, éstas últimas de prognóstico grave. Ademais hai un ingreso en planta no CO.SA.GA.

Dos 1.302 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: 1.133 permanecen a seguemento a domicilio, 154 ingresados en planta e 15 en UCI.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.698, con 294 altas e 102 falecementos (residencias e hospitais).

Ademais na provincia realizábanse 12.272 PCRs.

Continúa o descenso de positivos nas residencias de maiores da provincia

Unha xornada máis volve reducirse o número de positivos por COVID-19 nas residencias da terceira idade da provincia. Así, segundo os últimos datos facilitados dende a Consellería de Sanidade, son 246 usuarios (3 menos que onte) e 110 traballadores (7 menos que onte), o que supón 356 positivos.

A situación de positivos entre os usuarios por residencias é a seguinte: 44 en N. S. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 2 na Res. Hermanos Prieto (O Carballiño), 4 na Res. Castro Caldelas, 17 na Res. San Carlos (Celanova); 1 na Res. Pena da Sela (O Irixo), 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Virxe Clamadoira (Muíños), 1 na Res. Nogueira, 73 en N. S. de La Esperanza (Ourense), 38 na Res. S. José Hermanitas (Ourense), 29 na Res. Divino Maestro (Ourense), 31 na Res. Galisenior (Ourense), 2 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. N. S. dos Anxos (Ribadavia) e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

No relativo aos casos entre o persoal, os datos por centro son os seguintes: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 1 na Res. Os Miragres (Barbadás), 17 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 1 na R.M. Autónomos (O Carballiño), 8 na Res. Castro Caldelas, 8 na Res. San Carlos (Celanova), 29 en N.S. da Esperanza (Ourense), 10 na Res. San José, Hermanitas (Ourense); 17 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 8 na Residencia Galisénior (Ourense), 3 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Maiores A Porqueira, 2 na Res. N.S. dos Anxos (Ribadavia), 1 na Res. Monte Barrio (Riós) e 1 na Res. de San Xoán Río.

 

Artigos relacionados

Back to top button