SanidadeÚltima hora

Os pacientes ingresados por coronavirus no Hospital de Valdeorras baixan a oito

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.656, con 269 altas e 95 falecementos, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras dous días mantendo a cifra de 17 ingresos por coronavirus en planta, o Hospital Público de Valdeorras baixa hoxe ata os 8 hospitalizados, segundo as últimas estatísticas feitas públicas pola Consellería de Sanidade.

O Hospital de Verín rexistra 7 ingresos en planta e o Hospital Universitario de Ourense 159 en planta e 16 en UCI.

Dos 1.301 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1.110 permanecen a seguemento a domicilio, 175 ingresados en planta e 16 paicentes en UCI, estes últimos de prognóstico grave. Ademais hai un ingreso en planta no CO.SA.GA.

O total de casos de coronavirus rexistrados na provincia ascende a 1.656, con 269 altas e 95 falecementos (residencias e hospitais), segundo o Sergas.

As probas PCRs realizadas en Ourense son 11.580.

Dous novos falecidos no CHUO

Nas últimas horas Galicia rexistraba seis novos falecementos de persoas que foron diagnosticadas por coronavirus. Entre elas figuran dúas mulleres, de 85 anos e 95 anos, que estaban ingresadas no CHUO, segundo Sanidade.

Tamén perdían a vida unha muller de 57 anos e un home de 70 anos que estaban ingresados no CHUS; unha muller de 92 anos que estaba ingresada no CHUAC; un varón de 68 anos que estaba ingresado no CHOP. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Os positivos nas residencias de maiores

A provincia de Ourense rexistra un total de 386 positivos nas residencias da terceira idade, deles 270 son usuarios (1 menos que onte) e 116 traballadores (6 menos que onte), segundo as cifras facilitadas pola Consellería de Sanidade.

Os casos de coronavirus de usuarios por residencia son os seguintes: 57 en Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras),  5 na Res. Castro Caldelas, 17 na Res. San Carlos (Celanova),  1 na Res. Chandrexa, 1 na Res. Val Monterrei, 1 na Res. Virxe Clamadoira (Muíños),  1 na Res. Nogueira, 1 na Res. S. Martiño (Nogueira), 72 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 36 na Res. S. José Hermanitas (Ourense), 41 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 31 na Res. Galisenior (Ourense), 2 na Res. DomusVi Ourense, 1 na Res. DomusVi Pereiro (Pereiro de Aguiar), 1 na Res. Ramirás (Ramirás), 1 na Res. N. S. dos Anxos (Ribadavia) e 1 na Res. Monte Barrio (Riós).

No caso dos positivos de traballadores, a situación é a seguinte por residencia: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 2 na Res.DomusVi Barbadás, 1 na Res. Os Miragres (Barbadás), 16 en Nosa Señora de Fátima (O Barco), 9 na Res. Castro Caldelas, 8 na Res. San Carlos (Celanova), 34 en Ntra. Sra. da Esperanza, San Rosendo (Ourense); 10 na Res. San José, Hermanitas (Ourense); 18 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 8 na Residencia Galisénior (Ourense), 4 na Residencia Os Gozos (Pereiro de Aguiar), 1 na Residencia Maiores A Porqueira; 2 na Res. N.S. dos Anxos (Ribadavia), 1 na Res. Monte Barrio (Riós) e 1 Res. de San Xoán Río.

Un total de 8.634 casos en Galicia, 6.534 activos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.534, deles 1.485 son da área da Coruña, 614 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 520 da de Pontevedra, 1.166 da área de Vigo, 1.081 da de Santiago, e 367 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 permanecen en UCI, 585 están en unidades de hospitalización e 5.853 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.625 altas de pacientes e 475 falecementos, o que sumado aos casos activos, dá un total de 8.643 positivos.

Artigos relacionados

Back to top button